luns, 22 de febreiro de 2021

A palabra do día... sapoconcho

Hoxe Julián e Sofía preséntanvos a nova palabra destes 21 días: sapoconcho

Ollade, ollade: 



Efemérides. Tal día como hoxe, 23 de febreiro...

Nas nosas efemérides de hoxe, Mayca, unha das nosas alumnas de 3º de ESO, preséntanos un vídeo sobre o grande pintor Laxeiro.




Comezamos!!! 21 días e +

Como xa vos deixamos caer hai uns días, algo estabamos argallando no instituto.

Hoxe, 22 de febreiro, comezamos a nosa andaina no proxecto 21 días co galego e +. Trátase dun proxecto da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que participamos dez centros galego. Por tanto, estamos moi orgullosas de estarmos incluídas nel.

Tivemos unha xornada de moito nerviosismo e emocións porque se nos acumularon as actividades:

  • Vídeo-conferencia de presentación coas autoridades e cos demais centros (non fixemos foto coas présas).
  • Decoración do centro e comezo do reparto do material.
  • Actividade inaugural con Manuel Núñez Singala.
Deixámosvos algunhas imaxes e agradecémoslle a todas as persoas que nos axudaron nestes días (profesorado, alumnado, Servizo de Normalización do Concello de Betanzos...) a súa inestimábel colaboración.





Reflexión do 1º día - 21 días co galego e +

REFLEXIÓN 1

Hoxe terás que realizar a túa primeira gravación de reflexión.

Lembra que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise. Non necesitamos que nos contes o marabilloso que é o galego, ben o sabemos!

  • Que usos fas ti habitualmente do galego?

  • Que che parece a proposta dos 21 Días co Galego e +?

  • Cres que che será moi doado ou moi difícil para ti?

  • Se non falas galego de forma cotiá. Veste capaz de chegar a falar 24 horas en galego dende o primeiro día?

  • Cres que o lograrás antes do último día?

  • Que reaccións percibiches entre o resto da túa clase ou na casa?

  • Que pasos deches xa hoxe para seguir a proposta?

  • Pensas ampliar progresivamente os usos ou tentas xa falar galego sempre?

  • En que ámbitos (escola, amizade, familia, lecer…) ou con que tipo de persoas cres/sabes que che custará máis?

  • Agora establece 3 retos concretos para o teu avance como galegofalante. Lembra que se ti xa es galegofalante os teus retos serán de que 3 maneiras vas axudar o resto das túas compañeiras e compañeiros.

Saúdos!

domingo, 21 de febreiro de 2021

A palabra do día... galego!

Hoxe estamos todas moi nerviosas porque comezan os "21 días co galego e +".

Pouco a pouco iredes vendo as nosas actividades, mais unha delas é a de amosarvos a nosa palabra do día. E como non podía ser doutra maneira, a primeira palabra é... galego! Porque nos gosta, queremos e nos dá a gana.




Efemérides. Tal día como hoxe, 22 de febreiro...

Outro dos traballos que imos desenvolver arredor destes 21 días co galego e + é o das efemérides.

Queredes saber o que pasou o 22 de febreiro de hai unha manchea de anos? Ollade, ollade...




venres, 12 de febreiro de 2021

Entroido pandémico

Hoxe o IES As Mariñas viviu a festa de Entroido máis estraña que lembramos. Porque houbo máscaras neste Entroido, mais moi diferentes ás que estamos habituadas nestas datas.
Non obstante, a pesar das máscaras, das distancias e do xel, puidemos celebrar unha das nosas festas grandes.
Velaquí unha pequena mostra do noso Entroido pandémico.









Fin de curso!!

Chegou o día!!! Por fin o ansiado o último día de clase está aquí e para celebralo, rockeamos en galego. Hoxe tivemos como convidados á BULE...