martes, 23 de marzo de 2021
Naviza girl
Enquisas de valoración
As ligazóns das enquisas tédelas na publicación da xornada 11 dos 21 Días co Galego e +.
Se preferides ter as ligazóns por separado, tédelas aquí:
ALUMNADO
Os códigos teñen que repartirse aleatoriamente de maneira que non se poida identificar quen cubriu a enquisa. O profesorado daravos o voso código.
FAMILIAS
Os responsables legais cobren a enquisa co mesmo código que o seu fillo e tantas veces como fillos teñan.
PROFESORADO
Cobren a enquisa usando o código da súa materia.
luns, 15 de marzo de 2021
A palabra do día... LINGUA
Os 21 días co galego chegaron ao seu fin, mais tede presente que este proxecto se chama 21 días co galego e +.
E ese nome débese a que queremos que o espírito que encheu o noso centro estes días non remate. Queremos seguir argallando actividades arredor do galego, queremos que vos divirtades en galego e queremos que a nosa lingua estea sempre nas vosas bocas.
Con este proxecto quixemos demostrarvos que en galego podedes achegarvos ás vosas tradicións e ao voso patrimonio, mais tamén que a nosa lingua nos enche de poder e nos fai modernos, porque é a nosa lingua a que nos define e a que nos fai ser quen somos.
Por iso, pedímosvos que alonguemos estes 21 días a moitos máis.
Seguiremos publicando os vosos vídeos e todo aquilo que teña que ver coa nosa LINGUA.
E, como non podía ser doutra maneira, esa é a última palabra do día. Alba, Bruno e Lucía preséntannos a súa lingua.
domingo, 14 de marzo de 2021
O papel das mulleres na primeira Guerra Mundial
Efemérides. Tal día como hoxe... 14 de marzo.
Un 14 de marzo de 1971 falecía na cidade da Coruña Pedro Barrié de la Maza.
Julia e Eleonor descóbrennos quen foi este home nas efemérides de hoxe.
A palabra do día... orballo
sábado, 13 de marzo de 2021
Daniel Lucas veu falarnos sobre o patrimonio indiano
Este venres recibimos outra das interesantes visitas que nos están a traer os 21 días co galego e +.
Nesta ocasión, Daniel Lucas Martínez, da Asociación de amigos do Pasatempo, veu falarnos da Horta de don Juan e do patrimonio que os irmáns García Naveira nos deixaron a todas as betanceiras e galegas.
Un auténtico pracer escoitalo. Mil grazas por vir!
Efemérides. Tal día como hoxe... 13 de marzo.
Como nos lembra Pablo Deive, un 13 de marzo de 1869 nacía na cidade da Coruña o filólogo Menéndez Pidal. Sobre el trata a efeméride de hoxe.
Imos con forza a poñerlle o ramo aos 21 días co galego e +!
A palabra do día... cómaro.
Quen non lembra andar a rolos polos cómaros mentres os maiores estaban nas leiras?
Para os que non teñades lembranzas como esta, Iker e Santi explícanvos o que son os cómaros na nosa palabra do día 😜
xoves, 11 de marzo de 2021
Efemérides. Tal día como hoxe... 12 de marzo.
A palabra do día... tirabeques.
Aínda non estamos no tempo dos tirabeques, mais comezan a darse...
Se non tedes nin idea do que son os tirabeques, escoitade a Sofía e a Rubén, que volo explican con moita claridade 👇👇
Dígocho eu! e Telexornal
mércores, 10 de marzo de 2021
Efemérides. Tal día como hoxe... 11 de marzo.
A palabra do día... brétema
Están os días anubrados ultimamente, mesmo algo bretemosos. ⛅⛆⛆
Non, non estamos posuídos por Santiago Pemán, simplemente estamos a presentar a palabra do día de hoxe: brétema.
Deixámosvos con Ángel e Daniel:
Goretti Sanmartín Rei
Noutra das actividades dos 21 días co galego e +, o noso alumnado de 1º de Bacharelato acudiu hoxe a un relatorio a cargo de Goretti Sanmartín, doutora en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña.
A charla titulouse Muller e lingua e versou sobre a relación entre a lingua galega e o xénero feminino. Agardamos que fose ben proveitosa.
Grazas por vir, Goretti! 😊
Na prensa!
Estes 21 días co galego e + están a darnos moitas alegrías. Os días pasados puidestes oírnos na radio e hoxe recibimos o xornal Betanzos e a súa comarca, en que se menciona o noso traballo.
Radio, xornal... que será o seguinte? Mañá contámolo!! 🙊🙊
martes, 9 de marzo de 2021
Efemérides. Tal día como hoxe... 10 de marzo
Un 10 de marzo de 1944 publicábase en Bos Aires unha das obras chave de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Sempre en Galiza.
Nuria Gómez dávos todos os datos sobre o tema.
A palabra do día... chícharos.
A palabra de hoxe ten moito a ver coas cancións populares. Ou quen de vós non cantou nunca iso de "arroz con chícharos, patacas novas..."?
Pois ben, Casiana e Yago explican con detalle que son os chícharos.
Mulleres galegas na historia
luns, 8 de marzo de 2021
Efemérides. Tal día como hoxe... 9 de marzo.
Nas efemérides de hoxe, Unai Platas fálanos de Fernando Rey, un actor coruñés que faleceu un 9 de marzo de 1994.
Ollade! 😉
A palabra do día... rebullón
A palabra do día de hoxe é rebullón, como ben vos explica Nerea (coa instimábel axuda á cámara de Rodrigo).
Atent@s!
domingo, 7 de marzo de 2021
Efemérides. Tal día como hoxe... 8 de marzo.
A palabra do día... empoderar!
Hoxe é o Día da Muller e a nosa palabra do día non pode ser outra que EMPODERAR.
Mario e Jesús explícanvos o significado desta palabra (que non se recolle no dicionario da RAG, por certo).
Galicia por diante fin de semana
Agardamos que escoitases a intervención de Ainara Cao, Javier Crespo e Amelia Sánchez no Galicia por diante fin de semana.
Se non foi así, deixámosvos a ligazón para escoitalos (a partir do minuto 47 😉).
http://www.crtvg.es/rg/podcast/galicia-por-diante-fin-de-semana-galicia-por-diante-fin-de-semana-do-dia-07-03-2021-4856272?t=1
As palabras do día
Seguimos amosándovos elementos da decoración do centro nestes 21 días co galego e +.
Este é o mural coas 21 palabras do día que elaborou o noso alumnado de 1º ESO A. Grazas pola vosa colaboración!
Efemérides. Tal día como hoxe... 7 de marzo.
Un 7 de marzo de 1908 falecía en Cuba un dos tres grandes autores do Rexurdimento galego: Manuel Curros Enríquez.
Inés Yáñez explícavos brevemente quen foi este grande autor. Ollade 👇👇
A palabra do día... pinchacarneiro
sábado, 6 de marzo de 2021
Oímonos mañá!
Lembrade que mañá, a partir das 10:45h o noso instituto sairá na Radio Galega. Sintonizádenos!
Efemérides. Tal día como hoxe... 6 de marzo
Na nosa efeméride de hoxe, Manuel Freire preséntanos un dos elementos máis importantes do patrimonio das Mariñas: a igrexa de San Francisco.
Ollade:
A palabra do día... galopín
Bo día a tod@s!
A palabra do día deste sábado é galopín. Deixámosvos con Nerea e Alba, que vos explican o seu significado.
xoves, 4 de marzo de 2021
Efemérides. Tal día como hoxe... 5 de marzo.
Como ben nos lembra Sheila nas efemérides de hoxe, un 5 de marzo de 1888 nacía un dos mellores narradores da Literatura Galega: Ramón Otero Pedrayo.
A palabra do día... barallocas
A de hoxe é ben difícil 😅😅
Alba e Martín axúdannos a saber que é un barallocas. Queres sabelo? Mira, mira:
A moa e o pan
Na actividade de hoxe, o alumnado de 1º ESO acudiu a unha presentación da ruta A moa e o pan a cargo de Francisco Porto, de Compás Proxectos.
Agardamos que a situación mellore para poder facer a ruta 🙏
Mentres tanto, deixámosvos as imaxes da presentación ⏬⏬
mércores, 3 de marzo de 2021
Efemérides. Tal día como hoxe... 4 de marzo.
Martín Díaz preséntanos a efeméride de hoxe: un 4 de marzo de 1889 nacía Francisco Asorey.
Adiante cos 21 días co galego e +!
A palabra do día... poexo
E se nos relaxamos tomando unha infusión?
Pois Hugo e Mateo ofrécennos unha de poexo ⬇⬇⬇
Entroido de Saamede
Un ano máis e esta vez dentro do programa 21 días co galego e +, os integrantes do Entroido de Saamede visitaron o IES As Mariñas.
Sempre é un pracer contar coa xente de Saamede, que está a recuperar esta xoia do Entroido galego, única na provincia da Coruña.
Lume!!!!
martes, 2 de marzo de 2021
Efemérides. Tal día como hoxe... 3 de marzo
A palabra do día... fervellasverzas
Estamos chegando ao ecuador dos nosos 21 días co galego e + e a nosa palabra de hoxe é: fervellasverzas!
Antón e Cibrán preséntannos esta palabra (moi acaída para ambos 😉).
Photocall
luns, 1 de marzo de 2021
Efemérides. Tal día como hoxe... 2 de marzo
Nas efemérides de hoxe Nuria Sánchez fálanos de Xosé María Álvarez Bázquez, finado en Vigo o 2 de marzo de 1985.
A palabra do día... xesta
A nosa palabra do día lévanos ao monte, mais non é toxo, é xesta.
Deixámosvos o marabilloso traballo de Mara e de Uxía sobre ela.
Obradoiro de apropósitos de Entroido
Hoxe visitounos Sara Fraga Pérez, integrante do Proxecto Pesquedellas, un grupo de mozas betanceiras que traballa para achegar o folclore á mocidade.
Con ela, o alumnado de 4º de ESO traballou o tema dos apropósitos de Entroido e crearon un usando como base un tema de Bad Bunny.
Mil grazas pola túa visita, Sara, e seguimos cos 21 días co galego e +!!
Fin de curso!!
Chegou o día!!! Por fin o ansiado o último día de clase está aquí e para celebralo, rockeamos en galego. Hoxe tivemos como convidados á BULE...
-
Este curso foi moi especial para o Equipo de Normalización e Dinamización do IES As Mariñas. Este foi o curso dos 21 días co galego e + . E ...
-
Chegou o día!!! Por fin o ansiado o último día de clase está aquí e para celebralo, rockeamos en galego. Hoxe tivemos como convidados á BULE...
-
Hugo López García , alumno de 1º de ESO B do IES As Mariñas, realizou este fantástico Pasapalabra sobre o Samaín. Bo traballo, Hugo! E agard...