domingo, 28 de febreiro de 2021

Efemérides. Tal día como hoxe... 1 de marzo

Boa semana de novo!

Na efeméride de hoxe, Lola Otero fálanos dun galego de adopción ben coñecido por todas e todos vós: Amancio Ortega.



A palabra do día... tiracroios

Comezamos a segunda semana dos 21 días co galego e + cun novo vídeo da palabra do día.

Hoxe tócalle a Samuel e Diego co seu tiracroios.





sábado, 27 de febreiro de 2021

Efemérides. Tal día como hoxe... 28 de febreiro

Na nosa efeméride de hoxe Alfonso Regueiro preséntanos un fantástico traballo sobre Álvaro Cunqueiro, un dos grandes da Literatura Galega do século XX. 

Desfrutádeo!







A palabra do día... caínzo

Aínda que é domingo, a nosa rapazada non para. Hoxe Hugo e Jaime preséntannos o seu caínzo.





Obradoiro de apoderamento lingüístico

Noutra das actividades destes días, Andrea Rico, de Rexenerando,  veu impartir ao centro a primeira das sesións do Obradoiro de apoderamento lingüístico.

Esta actividade, realizada en colaboración co Servizo de Normalización Língüística do Concello de Betanzos, constará de catro sesións dirixidas ao alumnado de 4º de ESO.

Velaquí algunhas imaxes.






venres, 26 de febreiro de 2021

Efemérides. Tal día como hoxe, 27 de febreiro...

Na nosa efeméride de hoxe presentámosvos un vídeo arredor da igrexa de San Francisco elaborado polo noso alumno Bruno Veiga, de 3º de ESO.



 

A palabra do día... viravolta

Como é sábado, andamos a dar viravoltas polos arredores.

Emma, Jacobo A. e Nerea presentan a súa viravolta.


 


xoves, 25 de febreiro de 2021

Efemérides. Tal día como hoxe, 26 de febreiro...

Na efémeride de hoxe, o noso alumno Martín Fraga fálanos dun deportista coruñés: Rodrigo García Vizoso.



A palabra do día... ledicia

Por fin é venres! Con moita ledicia, Aroa e Carmela presentan a súa palabra do día: ledicia!



Galicia por diante

No programa de actividades dos 21 días co galego e + de hoxe, tivemos o pracer de participar no programa de radio: Galicia por diante, da Radio Galega.

Velaquí vos deixamos a ligazón por se queredes escoitar a Carmela Pintor (3º ESO), Hugo López (1º ESO) e Xulio Loureiro na súa intervención. Non puidemos ter mellores representantes!


http://www.crtvg.es/rg/destacados/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-25-02-2021-4827115 




mércores, 24 de febreiro de 2021

Efemérides. Tal día como hoxe, 25 de febreiro...

 Hoxe falaremos dun dos elementos do noso patrimonio, a igrexa de Santa María do Azougue.

Graciñas, Carmela, pola túa achega.






A palabra do día... cabezolo

Laura e Raúl preséntanvos a palabra de hoxe; nin ra nin sapo, cabezolo!




Entroido Rosaliano

O 24 de febreiro conmemoramos o nacemento da nosa autora máis grande, dun dos noso símbolos: Rosalía de Castro.

Este ano, decidimos celebralo cun Entroido Rosaliano e a nosa rapazada puido vestirse de Rosalía ou de Murguía.

Ademais, contamos coa visita de Rosalía e de Alexandra Murguía, que nos contaron aspectos da vida e da obra da poetisa.

Seguimos adiante cos nosos 21 días co galego e +!!!











martes, 23 de febreiro de 2021

Efemérides. Tal día como hoxe, 24 de febreiro...

Como non podía ser doutra maneira, a efeméride de hoxe vai dedicada a ela, ROSALÍA DE CASTRO.
Tal día como hoxe, en 1837 nacía en Santiago de Compostela a autora máis grande da nosa literatura.



A palabra do día... luscofusco

Nestes 21 días, imos aló coa terceira palabra. Neste caso, Antonio e Alberto preséntannos o seu luscofusco



Sempre Rosalía

Dentro dos 21 días co galego e + e como anticipo ao Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), hoxe o noso centro acolleu o espectáculo parateatral "Sempre Rosalía", a cargo de Producións Dispersas.

Moitas grazas a Ana Ponte e Diego Freire por achegarnos á figura de Rosalía e, asemade, grazas ao Servizo de Normalización do Concello de Betanzos por ofrecernos esta actividade.









luns, 22 de febreiro de 2021

A palabra do día... sapoconcho

Hoxe Julián e Sofía preséntanvos a nova palabra destes 21 días: sapoconcho

Ollade, ollade: 



Efemérides. Tal día como hoxe, 23 de febreiro...

Nas nosas efemérides de hoxe, Mayca, unha das nosas alumnas de 3º de ESO, preséntanos un vídeo sobre o grande pintor Laxeiro.




Comezamos!!! 21 días e +

Como xa vos deixamos caer hai uns días, algo estabamos argallando no instituto.

Hoxe, 22 de febreiro, comezamos a nosa andaina no proxecto 21 días co galego e +. Trátase dun proxecto da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que participamos dez centros galego. Por tanto, estamos moi orgullosas de estarmos incluídas nel.

Tivemos unha xornada de moito nerviosismo e emocións porque se nos acumularon as actividades:

  • Vídeo-conferencia de presentación coas autoridades e cos demais centros (non fixemos foto coas présas).
  • Decoración do centro e comezo do reparto do material.
  • Actividade inaugural con Manuel Núñez Singala.
Deixámosvos algunhas imaxes e agradecémoslle a todas as persoas que nos axudaron nestes días (profesorado, alumnado, Servizo de Normalización do Concello de Betanzos...) a súa inestimábel colaboración.





Reflexión do 1º día - 21 días co galego e +

REFLEXIÓN 1

Hoxe terás que realizar a túa primeira gravación de reflexión.

Lembra que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise. Non necesitamos que nos contes o marabilloso que é o galego, ben o sabemos!

  • Que usos fas ti habitualmente do galego?

  • Que che parece a proposta dos 21 Días co Galego e +?

  • Cres que che será moi doado ou moi difícil para ti?

  • Se non falas galego de forma cotiá. Veste capaz de chegar a falar 24 horas en galego dende o primeiro día?

  • Cres que o lograrás antes do último día?

  • Que reaccións percibiches entre o resto da túa clase ou na casa?

  • Que pasos deches xa hoxe para seguir a proposta?

  • Pensas ampliar progresivamente os usos ou tentas xa falar galego sempre?

  • En que ámbitos (escola, amizade, familia, lecer…) ou con que tipo de persoas cres/sabes que che custará máis?

  • Agora establece 3 retos concretos para o teu avance como galegofalante. Lembra que se ti xa es galegofalante os teus retos serán de que 3 maneiras vas axudar o resto das túas compañeiras e compañeiros.

Saúdos!

domingo, 21 de febreiro de 2021

A palabra do día... galego!

Hoxe estamos todas moi nerviosas porque comezan os "21 días co galego e +".

Pouco a pouco iredes vendo as nosas actividades, mais unha delas é a de amosarvos a nosa palabra do día. E como non podía ser doutra maneira, a primeira palabra é... galego! Porque nos gosta, queremos e nos dá a gana.




Efemérides. Tal día como hoxe, 22 de febreiro...

Outro dos traballos que imos desenvolver arredor destes 21 días co galego e + é o das efemérides.

Queredes saber o que pasou o 22 de febreiro de hai unha manchea de anos? Ollade, ollade...




venres, 12 de febreiro de 2021

Entroido pandémico

Hoxe o IES As Mariñas viviu a festa de Entroido máis estraña que lembramos. Porque houbo máscaras neste Entroido, mais moi diferentes ás que estamos habituadas nestas datas.
Non obstante, a pesar das máscaras, das distancias e do xel, puidemos celebrar unha das nosas festas grandes.
Velaquí unha pequena mostra do noso Entroido pandémico.









luns, 8 de febreiro de 2021

Anxo Carracedo

 

O noso alumnado de 1º de Bacharelato C envíanos esta descrición dunha das figuras que debemos ter en conta nestes días, todo un referente no ámbito científico, o doutor Carracedo: 

 

Tras unha aparencia sinxela agóchase alguén apaixonado pola súa profesión tendo en conta a maneira en que fala do seu traballo. Malia que o seu aspecto externo non chama a atención e podería pasar desapercibido, a súa intelixencia amosa grande coñecemento do ámbito forense e xudicial.

Tivemos a sorte de coñecelo nunha conferencia que se impartiu no noso instituto e nela non só tratou aspectos técnicos, senón tamén un tema tabú: a morte. Ofreceunos o seu punto de vista sobre como a sociedade se enfronta a ela e, en concreto, exemplificiou coa galega. Fronte a outras culturas, a nosa percibe este tránsito como (unhas cinzas na eternidade, fin do camiño) e asúmeo como algo inevitable.

Na actualidade, traballa como catedrático de Medicina Legal na Universdade de Santiago de Compostela; ademais, é investigador e experto internacional en xenética e medicina forense. Forma parte da Real Academia Galega das Ciencias.






Fin de curso!!

Chegou o día!!! Por fin o ansiado o último día de clase está aquí e para celebralo, rockeamos en galego. Hoxe tivemos como convidados á BULE...