venres, 27 de novembro de 2020

25 de novembro

Con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero, o alumnado da ESO estivo a traballar o tema da violencia machista nas horas de Titoría.

O resultado final deste labor de reflexión foi a realización dun mural sobre o tema, baixo o título "Bota unha man contra a violencia".

Queremos agradecer a Xosé Manuel, de 3º ESO C, o deseño e realización da imaxe central do mural.








mércores, 25 de novembro de 2020

25 de novembro

Hoxe é 25 de novembro.

Hoxe é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Ao longo destes días, desenvolveremos actividades de concienciación arredor desta data e, para comezar, deixámosvos este vídeo, que é o resultado do programa Publigualdade. Este programa foi impartido o curso pasado e os seus destinatarios foron os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO.

Agardamos que vos guste.




martes, 24 de novembro de 2020

Visita do Instituto Oceanográfico

Para rematar coas actividades da Semana da Ciencia en Galego, recibimos a visita de dúas investigadoras do Instituto Oceanográfico da Coruña.

Nesta actividade, que organizou o Departamento de Bioloxía, o alumnado puido coñecer a vida mariña e as consecuencias da contaminación dos mares no seu ecosistema.

Moitas grazas polas vosas achegas, resultaron moooi interesantes!









venres, 20 de novembro de 2020

Pasatempos eléctricos

O Departamento de Electricidade tamén fixo a súa achega á Semana da Ciencia en Galego.

Velaquí tedes uns pasatempos eléctricos para que pasedes un bo momento!

Graciñas pola vosa colaboración. 





Obradoiro de xabróns

Seguimos coa Semana da Ciencia en Galego!

O mércores 18 de novembro o alumnado de 1º de Bacharelato participou nun obradoiro de xabróns artesáns.

E diredes vós: que ten que ver facer xabrón coa ciencia? Se o queredes saber, facede unha procura dos elementos físicos que interveñen neste proceso.

Moitas grazas ao Departamento de Bioloxía e a Lola Puñales por deseñar esta marabillosa actividade.





mércores, 18 de novembro de 2020

Enigmas científicos

Como todas e todos puidestes comprobar, o IES As Mariñas está cheo de enigmas, literalmente!

A segunda das actividades da Semana da Ciencia en Galego que vos presentamos é unha procura e resolución de enigmas polas instalacións do centro que elaboraron os departamentos de Matemáticas e Física e Química.

Tedes que buscar e solucionar os 20 casos. 

Tamén podedes atopar os enigmas nesta ligazón e lembrade que sortearemos agasallos entre todo o alumnado que participe. Animádevos!

Grazas Ana, Sofía e Teresa pola vosa marabillosa colaboración.









Pasapalabra de Tecnoloxía

Comezamos a presentarvos as actividades da Semana da Ciencia en Galego.

O Departamento de Tecnoloxía elaborou este fantástico pasapalabra tecnolóxico.

Podedes participar achegándovos á cafetaría do centro, onde está exposto, ou xogar a través desta ligazón.

Graciñas Olga e Pablo pola vosa colaboración!!!



domingo, 15 de novembro de 2020

Nestes días, o profesorado dos departamentos de Ciencias anda a traballar nas súas propostas para a Semana da Ciencia en Galego.

Entre o 16 e o 23 de novembro realizaremos diversas actividades relacionadas con este tema.

Desde aquí queremos, ademais, agradecerlle aos nosos compañeiros e compañeiras de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química e Bioloxía a súa colaboración. Sodes xeniais!

Estade atent@s!



luns, 2 de novembro de 2020

Vídeo-relato de Hugo López García

Hugo, alumno de 1º ESO B, atopouse coa Santa Compaña mentres apañaba castañas para o seu magosto. Queredes saber que foi del?

Ollade:




Vídeo-relato Rodrigo Grela Regos

Rodrigo é un alumno de 1º ESO B que tamén vos quixo facer morrer de medo neste Samaín. Que é o que pasa na igrexa dos Remedios?

Este é o seu vídeo:




Vídeo-relato Josué Blandón Valencia

Josué, alumno de 4º ESO A, tamén se animou a realizar o seu vídeo para esta noite de Samaín.

Aquí o tedes!




Vídeo-relato Javier Crespo Otero

Pensabades que os nosos rapaces de 4º de ESO non fixeran a súa achega neste Samaín?

Pois estades enganados.

Aquí tedes o arrepiante vídeo de Javier de 4º A no Sanatorio de Cesuras.




Vídeo-relato Sofía Otero Sánchez


Sofía, de 1º ESO B, e o seu gatiño de peluche tamén fixeron o seu vídeo. Será tan riquiño ese gato como parece?
Comprobádeo!


 

Vídeo-relato Iker Vázquez Cartemil

Iker, alumno de 1º ESO C, tamén quixo converter o seu relato nun vídeo para que tod@s morrades co medo. Velaquí o tedes:




domingo, 1 de novembro de 2020

Vídeo-relato Nerea Bermúdez Prieto

Seguimos amosando os vídeos da nosa rapazada.

Aquí vos deixamos o traballo de Nerea, de 1º A.

Un conto xenial!



Pasapalabra Samaín - Hugo López

Hugo López García, alumno de 1º de ESO B do IES As Mariñas, realizou este fantástico Pasapalabra sobre o Samaín.

Bo traballo, Hugo! E agardamos que o desfrutedes!!

Clicade nesta ligazón e adiante




Vídeo-relato Uxía Ponte López

Este é o arrepiante vídeo que creou Uxía, alumna de 1º C.

Bravo polo traballo, Uxía!




Vídeo-relato Xiana Erias Castro

A semana pasada, o noso alumnado de 1º de ESO estivo a traballar o tema do Samaín. Para iso realizamos relatos de medo que se converteron en vídeos.

Velaquí o magnífico traballo da nosa Xiana, alumna de 1º B.

Parabéns polo resultado, Xiana!




Obradoiro Carvalho - Rexenerando

E para rematar este fin de semana tan carvalhiano, ensinámosvos unhas imaxes do obradoiro que o noso alumnado de 4º de ESO realizou o venres 30 de outubro.

Moitas grazas a Olga Romasanta, da Cooperativa Rexenerando, e ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello por ofrecernos esta actividade. Encantounos!







Pasapalabra de Ricardo Carvalho Calero

Unha das nosas alumnas, Edén Avecilla Carrera, elaborou este marabilloso rosco sobre a vida e a obra de don Ricardo. 

Se vos animades a realizalo, enviámosvos as solucións!

Imos aló!!!


Pasapalabra Carvalho


Fin de curso!!

Chegou o día!!! Por fin o ansiado o último día de clase está aquí e para celebralo, rockeamos en galego. Hoxe tivemos como convidados á BULE...