ENDL IES As Mariñas
martes, 23 de marzo de 2021
Naviza girl
Enquisas de valoración
As ligazóns das enquisas tédelas na publicación da xornada 11 dos 21 Días co Galego e +.
Se preferides ter as ligazóns por separado, tédelas aquí:
ALUMNADO
Os códigos teñen que repartirse aleatoriamente de maneira que non se poida identificar quen cubriu a enquisa. O profesorado daravos o voso código.
FAMILIAS
Os responsables legais cobren a enquisa co mesmo código que o seu fillo e tantas veces como fillos teñan.
PROFESORADO
Cobren a enquisa usando o código da súa materia.
luns, 15 de marzo de 2021
A palabra do día... LINGUA
Os 21 días co galego chegaron ao seu fin, mais tede presente que este proxecto se chama 21 días co galego e +.
E ese nome débese a que queremos que o espírito que encheu o noso centro estes días non remate. Queremos seguir argallando actividades arredor do galego, queremos que vos divirtades en galego e queremos que a nosa lingua estea sempre nas vosas bocas.
Con este proxecto quixemos demostrarvos que en galego podedes achegarvos ás vosas tradicións e ao voso patrimonio, mais tamén que a nosa lingua nos enche de poder e nos fai modernos, porque é a nosa lingua a que nos define e a que nos fai ser quen somos.
Por iso, pedímosvos que alonguemos estes 21 días a moitos máis.
Seguiremos publicando os vosos vídeos e todo aquilo que teña que ver coa nosa LINGUA.
E, como non podía ser doutra maneira, esa é a última palabra do día. Alba, Bruno e Lucía preséntannos a súa lingua.
domingo, 14 de marzo de 2021
O papel das mulleres na primeira Guerra Mundial
Efemérides. Tal día como hoxe... 14 de marzo.
Un 14 de marzo de 1971 falecía na cidade da Coruña Pedro Barrié de la Maza.
Julia e Eleonor descóbrennos quen foi este home nas efemérides de hoxe.
A palabra do día... orballo
sábado, 13 de marzo de 2021
Daniel Lucas veu falarnos sobre o patrimonio indiano
Este venres recibimos outra das interesantes visitas que nos están a traer os 21 días co galego e +.
Nesta ocasión, Daniel Lucas Martínez, da Asociación de amigos do Pasatempo, veu falarnos da Horta de don Juan e do patrimonio que os irmáns García Naveira nos deixaron a todas as betanceiras e galegas.
Un auténtico pracer escoitalo. Mil grazas por vir!
Naviza girl
Por motivos técnicos, o 15 de marzo non puidemos realizar a actividade de clausura dos 21 días co galego e + . Mais hoxe foi o día escollido...


-
Dores Cao non necesita presentación, leva anos fomando parte do claustro do IES As Mariñas e deixa unha fonda pegada en todos e todas os que...
-
As ligazóns das enquisas tédelas na publicación da xornada 11 dos 21 Días co Galego e +. http://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/2021/03/...
-
Unha das nosas alumnas, Edén Avecilla Carrera, elaborou este marabilloso rosco sobre a vida e a obra de don Ricardo. Se vos animades a real...
