mércores, 30 de decembro de 2020

2020, ano Ricardo Carvalho Calero

O ano 2020 foi o das Letras Galegas de don Ricardo Carvalho Calero e nós quixemos lembrarnos unha vez máis despedindo o ano coa exposición que gañou o premio do concurso da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Esta exposición, que podedes ver na cafetaría, foi elaborada polos compañeiros do IES Ferrol Vello e debedes saber que somos uns privilexiados pois só eles e nós (o IES As Mariñas) a podemos ver de maneira presencial.
Se queredes vela en formato dixital, premede aquí.









xoves, 24 de decembro de 2020

Moi bo Nadal!

Desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES As Mariñas queremos desexarvos unhas moi boas festas e un venturoso ano 2021.

Seguiremos aquí para conseguir mil primaveras máis para a nosa lingua.

Oxalá o Apalpador faga realidade todos os vosos desexos. 





martes, 22 de decembro de 2020

Solución Pasapalabra tecnolóxico

O día 22 de decembro entregámoslle o premio á mellor concursante no noso Pasapalabra de Tecnoloxía.

A nosa campioa foi Águeda, de 3º ESO C, que acertou 21 das 24 letras. Moitos parabéns, Águeda!

Podedes consultar as solucións a seguir.








venres, 18 de decembro de 2020

Árbore dos desexos para 2021

O Nadal de 2020 vai ser un dos máis estraños que todos e todas nós teñamos vivido, mais non por iso imos parar de celebralo, aínda que sexa de maneira diferente.

Se hai algo que case todo o alumnado ten en común é que está desexando que acabe 2020. Por iso decidimos escribir os nosos desexos para o novo ano e decorar con eles a nosa "árbore" de Nadal.

Queremos agradecerlle a colaboración a todos e todas os que nos axudaron no seu transporte e instalación, sobre todo ás nosas conserxes (son as mellores!).

Ao longo destes días, todos os integrantes da comunidade educativa poderán colgar as súas arelas para o novo ano nela.

Oxalá todos se tornen realidade e desfrutemos dun marabilloso ano 2021.









Fin de curso!!

Chegou o día!!! Por fin o ansiado o último día de clase está aquí e para celebralo, rockeamos en galego. Hoxe tivemos como convidados á BULE...