luns, 22 de febreiro de 2021

Reflexión do 1º día - 21 días co galego e +

REFLEXIÓN 1

Hoxe terás que realizar a túa primeira gravación de reflexión.

Lembra que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise. Non necesitamos que nos contes o marabilloso que é o galego, ben o sabemos!

  • Que usos fas ti habitualmente do galego?

  • Que che parece a proposta dos 21 Días co Galego e +?

  • Cres que che será moi doado ou moi difícil para ti?

  • Se non falas galego de forma cotiá. Veste capaz de chegar a falar 24 horas en galego dende o primeiro día?

  • Cres que o lograrás antes do último día?

  • Que reaccións percibiches entre o resto da túa clase ou na casa?

  • Que pasos deches xa hoxe para seguir a proposta?

  • Pensas ampliar progresivamente os usos ou tentas xa falar galego sempre?

  • En que ámbitos (escola, amizade, familia, lecer…) ou con que tipo de persoas cres/sabes que che custará máis?

  • Agora establece 3 retos concretos para o teu avance como galegofalante. Lembra que se ti xa es galegofalante os teus retos serán de que 3 maneiras vas axudar o resto das túas compañeiras e compañeiros.

Saúdos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fin de curso!!

Chegou o día!!! Por fin o ansiado o último día de clase está aquí e para celebralo, rockeamos en galego. Hoxe tivemos como convidados á BULE...