Os 21 días co galego chegaron ao seu fin, mais tede presente que este proxecto se chama 21 días co galego e +.
E ese nome débese a que queremos que o espírito que encheu o noso centro estes días non remate. Queremos seguir argallando actividades arredor do galego, queremos que vos divirtades en galego e queremos que a nosa lingua estea sempre nas vosas bocas.
Con este proxecto quixemos demostrarvos que en galego podedes achegarvos ás vosas tradicións e ao voso patrimonio, mais tamén que a nosa lingua nos enche de poder e nos fai modernos, porque é a nosa lingua a que nos define e a que nos fai ser quen somos.
Por iso, pedímosvos que alonguemos estes 21 días a moitos máis.
Seguiremos publicando os vosos vídeos e todo aquilo que teña que ver coa nosa LINGUA.
E, como non podía ser doutra maneira, esa é a última palabra do día. Alba, Bruno e Lucía preséntannos a súa lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario