venres, 27 de novembro de 2020

25 de novembro

Con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero, o alumnado da ESO estivo a traballar o tema da violencia machista nas horas de Titoría.

O resultado final deste labor de reflexión foi a realización dun mural sobre o tema, baixo o título "Bota unha man contra a violencia".

Queremos agradecer a Xosé Manuel, de 3º ESO C, o deseño e realización da imaxe central do mural.








mércores, 25 de novembro de 2020

25 de novembro

Hoxe é 25 de novembro.

Hoxe é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Ao longo destes días, desenvolveremos actividades de concienciación arredor desta data e, para comezar, deixámosvos este vídeo, que é o resultado do programa Publigualdade. Este programa foi impartido o curso pasado e os seus destinatarios foron os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO.

Agardamos que vos guste.




martes, 24 de novembro de 2020

Visita do Instituto Oceanográfico

Para rematar coas actividades da Semana da Ciencia en Galego, recibimos a visita de dúas investigadoras do Instituto Oceanográfico da Coruña.

Nesta actividade, que organizou o Departamento de Bioloxía, o alumnado puido coñecer a vida mariña e as consecuencias da contaminación dos mares no seu ecosistema.

Moitas grazas polas vosas achegas, resultaron moooi interesantes!









venres, 20 de novembro de 2020

Pasatempos eléctricos

O Departamento de Electricidade tamén fixo a súa achega á Semana da Ciencia en Galego.

Velaquí tedes uns pasatempos eléctricos para que pasedes un bo momento!

Graciñas pola vosa colaboración. 





Obradoiro de xabróns

Seguimos coa Semana da Ciencia en Galego!

O mércores 18 de novembro o alumnado de 1º de Bacharelato participou nun obradoiro de xabróns artesáns.

E diredes vós: que ten que ver facer xabrón coa ciencia? Se o queredes saber, facede unha procura dos elementos físicos que interveñen neste proceso.

Moitas grazas ao Departamento de Bioloxía e a Lola Puñales por deseñar esta marabillosa actividade.





mércores, 18 de novembro de 2020

Enigmas científicos

Como todas e todos puidestes comprobar, o IES As Mariñas está cheo de enigmas, literalmente!

A segunda das actividades da Semana da Ciencia en Galego que vos presentamos é unha procura e resolución de enigmas polas instalacións do centro que elaboraron os departamentos de Matemáticas e Física e Química.

Tedes que buscar e solucionar os 20 casos. 

Tamén podedes atopar os enigmas nesta ligazón e lembrade que sortearemos agasallos entre todo o alumnado que participe. Animádevos!

Grazas Ana, Sofía e Teresa pola vosa marabillosa colaboración.









Pasapalabra de Tecnoloxía

Comezamos a presentarvos as actividades da Semana da Ciencia en Galego.

O Departamento de Tecnoloxía elaborou este fantástico pasapalabra tecnolóxico.

Podedes participar achegándovos á cafetaría do centro, onde está exposto, ou xogar a través desta ligazón.

Graciñas Olga e Pablo pola vosa colaboración!!!



Fin de curso!!

Chegou o día!!! Por fin o ansiado o último día de clase está aquí e para celebralo, rockeamos en galego. Hoxe tivemos como convidados á BULE...