luns, 8 de febreiro de 2021

Anxo Carracedo

 

O noso alumnado de 1º de Bacharelato C envíanos esta descrición dunha das figuras que debemos ter en conta nestes días, todo un referente no ámbito científico, o doutor Carracedo: 

 

Tras unha aparencia sinxela agóchase alguén apaixonado pola súa profesión tendo en conta a maneira en que fala do seu traballo. Malia que o seu aspecto externo non chama a atención e podería pasar desapercibido, a súa intelixencia amosa grande coñecemento do ámbito forense e xudicial.

Tivemos a sorte de coñecelo nunha conferencia que se impartiu no noso instituto e nela non só tratou aspectos técnicos, senón tamén un tema tabú: a morte. Ofreceunos o seu punto de vista sobre como a sociedade se enfronta a ela e, en concreto, exemplificiou coa galega. Fronte a outras culturas, a nosa percibe este tránsito como (unhas cinzas na eternidade, fin do camiño) e asúmeo como algo inevitable.

Na actualidade, traballa como catedrático de Medicina Legal na Universdade de Santiago de Compostela; ademais, é investigador e experto internacional en xenética e medicina forense. Forma parte da Real Academia Galega das Ciencias.






xoves, 28 de xaneiro de 2021

Obradoiro de escrita creativa

Están a ser uns días complicados no instituto e na nosa comarca, mais seguimos adiante, tentando darlle algo de normalidade a toda esta situación.
Hoxe retomamos o Obradoiro de poesía e escrita creativa con Dores Tembrás e Antía Otero.
Moitas grazas ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello por esta marabillosa actividade.




xoves, 14 de xaneiro de 2021

Algo se coce no IES As Mariñas...

O profesorado das Mariñas está a tramar algo de cara ao mes de febreiro.
En que estarán traballando?
Deixámosvos esta ligazón por se queredes ter máis información...



mércores, 30 de decembro de 2020

2020, ano Ricardo Carvalho Calero

O ano 2020 foi o das Letras Galegas de don Ricardo Carvalho Calero e nós quixemos lembrarnos unha vez máis despedindo o ano coa exposición que gañou o premio do concurso da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Esta exposición, que podedes ver na cafetaría, foi elaborada polos compañeiros do IES Ferrol Vello e debedes saber que somos uns privilexiados pois só eles e nós (o IES As Mariñas) a podemos ver de maneira presencial.
Se queredes vela en formato dixital, premede aquí.









xoves, 24 de decembro de 2020

Moi bo Nadal!

Desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES As Mariñas queremos desexarvos unhas moi boas festas e un venturoso ano 2021.

Seguiremos aquí para conseguir mil primaveras máis para a nosa lingua.

Oxalá o Apalpador faga realidade todos os vosos desexos. 





martes, 22 de decembro de 2020

Solución Pasapalabra tecnolóxico

O día 22 de decembro entregámoslle o premio á mellor concursante no noso Pasapalabra de Tecnoloxía.

A nosa campioa foi Águeda, de 3º ESO C, que acertou 21 das 24 letras. Moitos parabéns, Águeda!

Podedes consultar as solucións a seguir.








venres, 18 de decembro de 2020

Árbore dos desexos para 2021

O Nadal de 2020 vai ser un dos máis estraños que todos e todas nós teñamos vivido, mais non por iso imos parar de celebralo, aínda que sexa de maneira diferente.

Se hai algo que case todo o alumnado ten en común é que está desexando que acabe 2020. Por iso decidimos escribir os nosos desexos para o novo ano e decorar con eles a nosa "árbore" de Nadal.

Queremos agradecerlle a colaboración a todos e todas os que nos axudaron no seu transporte e instalación, sobre todo ás nosas conserxes (son as mellores!).

Ao longo destes días, todos os integrantes da comunidade educativa poderán colgar as súas arelas para o novo ano nela.

Oxalá todos se tornen realidade e desfrutemos dun marabilloso ano 2021.









Fin de curso!!

Chegou o día!!! Por fin o ansiado o último día de clase está aquí e para celebralo, rockeamos en galego. Hoxe tivemos como convidados á BULE...